A Hulu decidiu non seguir adiante coa súa série, a partes iguais revival e secuela, do emblemático programa dos anos 90 Buffy the Vampire Slayer. A estrela da série, a actriz Sarah Michelle Gellar, tiña previsto volver ao seu persoaxe de Buffy Summers, que só tería un papel de apoio. Gellar tamén ía exercer como produtora executiva.
Agora, nunha publicación en Instagram, Gellar deu a nova aos fans de que a Hulu non seguirá adiante co proxecto despois de que xa se gravase un episódio piloto baixo a dirección da oscarizada Chloe Zhao.
O episódio de proba describiu-se por algunhas fontes internas coma “non perfecto” e agora recoñecen que Zhao quizais non foi a persoa axeitada para dirixi-lo. Falou-se de reestruturar o piloto, pero a Hulu optou finalmente por non seguir adiante co proxecto. Con todo, o servizo de streaming segue interesado na propiedade intelectual de Buffy e planea reagrupar-se e sopesar unha posíbel nova encarnación da querida franquía.
Nora e Lilla Zuckerman (Poker Face) foron as autoras do guión do episódio piloto, que contaba con Ryan Kiera Armstrong no papel principal xunto a Gellar.
















