En novembro do ano pasado soubo-se que Jonathan Goldstein e John Francis Daley ían escribir, producir e dirixir a próxima película da franquía Star Trek. Onte a parella apareceu na Comic Con de San Diego e ofreceu unha breve actualización: “Non serán os personaxes que vistes anteriormente nas vosas películas de Star Trek. Así que haberá unha nova visión diso. E creo que probabelmente estará un pouco máis adiante no futuro do que estivemos antes. O que nos atrae é a oportunidade de facer un enfoque diferente“. A pregunta é até que punto no futuro: a era de Picard abrangue até finais do século XXIV, pero Discovery e Starfleet Academy están ambientadas no século XXXII. Probabelmente o novo filme estará ambientado nalgún punto entre ambas datas. A última película en estrear-se nos cinemas foi Star Trek Beyond, hai xa dez anos.















