Un exorcismo na Casa Branca

33

A Blumhouse e mais a Atomic Monster están a desenvolver unha adaptación cinematográfica da série de cómics de Hannah Rose May e Vanessa Del Rey The Exorcism at 1600 Penn.

O thriller sobrenatural mostra como a Casa Branca se converte nun campo de batalla demoníaco durante o primeiro mandato da primeira presidenta dos Estados Unidos, quen debe tentar manter a cabeza no seu sítio entre as ferventes tensións políticas, a ameaza da Terceira Guerra Mundial, o feito de ser nai de dous adolescentes e un panorama mediático en constante cámbio.

Jason Blum producirá a película, con Davidi Jonas e Ryan Turek como produtores executivos. Este último di nun comunicado: “O que nos atraeu decontado de O Exorcismo en 1600 Penn foi o seu carácter tan realista e urxente. Hannah creou unha história que fusiona o terror de posesión clásico coa tensión política contemporánea dun xeito que se percibe atrevido e profundamente humano. É exactamente o tipo de material que buscamos cando pensamos en expandir o terror a novos espazos, e estamos entusiasmados de identificar un cineasta que poida levar este mundo á pantalla coa escala e a perspectiva que merece“.

O cómic pola súa banda xa conta cunha secuela de seu, The Exorcism at Buckingham Palace.