A Blumhouse Productions e mais a Atomic Monster veñen de anunciar plans para adaptaren ao cinema o videoxogo de terror paranormal de 2020 Phasmophobia da Kinetic Games.
A nova deu-se a coñecer no decurso do evento Business of Fear celebrado onte martes en Hollywood, no que participaron Jason Blum, conselleiro delegado da Blumhouse, e Abhijay Prakash, presidente da empresa
No xogo, no que poden participar entre un e catro xogadores que poden comunicar-se mediante un chat de voz, éstes teñen que cumprir un contrato no que deben identificar o tipo de pantasma que frecuenta un lugar determinado, ademais doutros obxectivos opcionais.
Realizado dende unha perspectiva en primeira persoa, este xogo de terror e supervivéncia inspira-se na caza de pantasmas e presenta vinte e catro pantasmas diferentes ás que os xogadores poden enfrontar-se.
O xogo lanzou-se en marzo de 2020 e acadou boas críticas, converteu-se no mais vendido na Steam durante várias semanas e foi un éxito durante a pandémia entre os streamers de Twitch e os YouTubers. En total, en múltiples plataformas, vendeu mais de 23 millóns de cópias en todo o mundo dende o seu lanzamento.
O filme será producido en asociación coa Kinetic Games Limited, pero aínda non conta con distribuidor nin con datas de comezo da produción ou estrea.
















