Neill Blomkamp pasa-se ao cinema con IA

16

O cineasta de District 9 e Elysium, Neill Blomkamp, ven de ​​revelar Nightborne, unha nova curtametraxe de terror de ciéncia-ficción de 13 minutos creada integramente pola IA xerativa Seedance 2.0. Seica o vídeo, que se pode ver abaixo, é unha proba completa do fluxo de traballo e o primeiro paso para unha longametraxe usando o mesmo enfoque.

A creación, segundo o post de Blomkamp, “foi realizada con artistas conceptuais reais e presenta os rostros e as voces de 32 persoas reais“. O mesmo Blomkamp ​​dirixiu a través de indicacións á IA.

O post anúncia asemade a creación da Barley Studios, unha empresa que será o seu novo estudo de IA para crear películas de seu, do mesmo xeito que o fixo coa Oats Studios para o cine tradicional e os efectos visuais.

O vídeo, rodado ao estilo dun documental, trata sobre unha piloto do exército americano declarada morta despois de ser derrubada. Con todo, as probas suxiren que estaba involucrada nun programa clasificado que resucitaba soldados caídos para o combate.

Blomkamp ten pendentes de desenvolver unha película de Halo, unha nova continuación de Aliens e mais District 10, así coma un remake de Starship Troopers. Todos estes proxectos están polo momento paralizados.