Spector e Hall no novo de Dan Brown

14

Despois de que Tom Hanks interpretase o papel ao longo dos últimos anos no cinema, Morgan Spector (The Plot Against America, Christine), está a negociar para se facer na tele co mesmo posto, o do profesor de simboloxía de Harvard Robert Langdon, na série The Secret of Secrets da Netflix.

Ademais, a muller na vida real de Spector, Rebecca Hall (Iron Man 3), está en conversas para o papel principal feminino no proxecto, que está baixo a responsabilidade directa do showrunner Carlton Cuse (Lost).

A série é unha adaptación da última novela de Dan Brown, publicada o ano pasado, e a sexta entrega de Langdon en xeral tras Angels & Demons, The Da Vinci Code, The Lost Symbol, Inferno e Origin.

A história segue a Langdon mentres compite contra forzas antigas e o tempo para rescatar á súa moza, a científica desaparecida Katherine Solomon, quen escribiu un manuscrito innovador cuxos descubrimentos teñen o poder de cambiar para sempre a comprensión da mente pola humanidade.

Brown e Cuse son os cocreadores e produtores executivos da série, que de momento non ten título, con Cuse como guionista e showrunner. A rodaxe comezará este outono en Praha (Chéquia).