O director de Muppets Most Wanted, James Bobin, está en conversas para se encargar de Dragon’s Lair, a vindeira adaptación ao cinema para acción real da Netflix do emblemático xogo de arcade de 1983.
Nas últimas novas sobre este proxecto, que se remontan até 2022, Dan e Kevin Hageman (The Lego Movie, Scary Stories to Tell in the Dark) foran contratados para escribir o guión do filme, que logo levou case un ano enteiro de negociacións na Netflix.
O xogo orixinal ten coma protagonista a un cabaleiro chamado Dirk o Ousado, que debe rescatar á princesa Daphne das poutas do malvado dragón Singe e do meigo Mordroc. No seu momento converteu-se no xogo mais popular da história nos Estados Unidos e chegou a contar coa participación nos seus gráficos de estilo cinematográfico de Don Bluth, quen logo acadaría grande sona grazas ás súas películas de propaganda de cans.
Ryan Reynolds continúa a bordo do proxecto coma protagonista e produtor xunto a Roy Lee, Trevor Engelson, Bluth, Gary Goldman e Jon Pomeroy.
A última longametraxe dirixida por Bobin foi a película de aventuras de 2019 Dora and the Lost City of Gold, pero dende aquela fixo ademais episódios de séries da Disney coma Percy Jackson and the Olympians e The Mysterious Benedict Society.
















